miércoles, 4 de diciembre de 2013

Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta

¡Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!


Os arados van e vén
dende Sant-Iago a Belén,
dende Belén a Sant-Iago.
Un anxo vien en un barco,
un barco de prata fina
que trai a door da Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.

¡Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!


Federico García Lorca: Seis poemas galegos (1935)

Versións:
Xoán Rubia: Canción pra Rosalía Castro morta; Lembranzas; 1977; Corte B5



Claudina e Alberto Gambino: Canzón de cuna para Rosalía Castro, morta; Danza na lúa. Seis poemas galegos; 1986; Pista 3



Aurora López e Teresa Luján: Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 5



Rafa Lorenzo: Canzón pra Rosalía de Castro; Primos hermanos; 2007; Pista 5



Laura Alonso Padín e Cristina Pato: Canzón de cuna para Rosalía de Castro; Concerto no Teatro Principal de Ourense dentro do programa “C2. Convivir. Convivencias.” do Parlamento de Galicia; 30 de Xaneiro de 2008;

No hay comentarios :

Publicar un comentario