jueves, 30 de enero de 2014

A fala

Nobre e harmoniosa
fala de Breogán,
fala boa, de fortes
e grandes sin rival:

ti do celta aos ouvidos
sempre soando estás
como soan os pinos
na costa de Froxán;
ti nos eidos da Celtia
e co tempo serás
un lábaro sagrado
que ao trunfo guiará,
fala nobre, harmoniosa,
¡fala de Breogán!


Ti, sinal misterioso
dos teus fillos serás
que plo mundo dispersos
e sin abrigo van;
e a aqueles que foran
nunha pasada edá
defensores dos eidos
contra o duro román
e que ainda cobizan
da terra a libertá,
nun pobo nobre e forte,
valente, axuntarás,
¡oh, fala harmoniosa,
fala de Breogán!

Serás épica tuba
e forte sin rival,
que chamarás os fillos
que aló do Miño están,
os bos fillos do Luso,
apartados irmáns

de nós por un destino
envexoso e fatal.
Cos robustos acentos,
grandes, os chamarás,
¡verbo do gran Camoens,
fala de Breogán!


Eduardo Pondal: Poesías inéditas* (1935)

Versións:
Juan Pardo: A fala e Falade galego**; Galicia, miña nai dos dous mares; 1976; Cara A, Corte 1



Cristina Fernández: Falade galego**; Falade galego; 1983; Cara A, Corte 1



*[Real Academia Galega: Poesías inéditas de Eduardo Pondal; Queixumes dos pinos (2ª edición); A Coruña; 1935]
**[As versións musicais de Juan Pardo e Cristina Fernández están seguidas polo poema Falade gallego, recollido nas Poesías inéditas de Eduardo Pondal, na 2ª edición de Queixumes dos pinos da Real Academia Galega, do ano 1935]

1 comentario :