viernes, 24 de enero de 2014

A pita choca

A señora Pita
leva a súa rolada
como unha señora
moi señoreada.

—Pío, pío, pío…
Cada pío un choro.
¡Os pitiños pían
en piante coro!

Moi señoreada
-i a rroupa mendada-
vai a Pita Choca
levando a niñada.

—Pío, pío, pío…
¡Con piar inquedo
pían os pitiños
porque teñen medo!

Baixo da Galiña
os pitos nun fato
todos en rolada
¡qué ven o miñato!

—Non hai pío, pío.
¡Non hai pío pon!
¡Na ampritú do ceio
voa o miñatón!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: A pita choca; Os soños na gaiola; 1978; Disco 2, Pista 9

No hay comentarios :

Publicar un comentario