martes, 11 de febrero de 2014

As ratas

Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de Iabel.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.

Luis Seoane: As cicatrices (1959)

Versións:
A Quenlla: As ratas*; Máis alá da néboa; 1990; Cara A, Corte 4



A Quenlla: As ratas*; As nosas cancións; 1997; Pista 4

(Reedición da versión do disco Máis alá da néboa, do ano 1990)




*[A letra desta versión musical foi adaptada polo poeta Manuel María]

No hay comentarios :

Publicar un comentario