lunes, 22 de septiembre de 2014

Coma un anxo airado

O sol na Corda está enterrado,
morto e enterrado hastra a metá.
Nadan na lus somente un budio
e o ladro perdido dun can.
A sombra de tódalas cousas
vai resultando que é verdá.

E no oco do lusquefusque
vanse perdendo as miñas maus:
apalpo, cadora máis donda,
a oculta mentira da paz.
Vigilate et orate —dixo
Xesús, na Noite do Olivar.

¿Onde foron os que se erguían
coma deuses? Xa non están.
Treman no budio escuro bágoas,
rola unha estrela, dorme o can.
Derrétense os bronces da gloria
nas sombras da noite que cai.

Pro están eí as falsas mortas,
as serpes douradas de paz,
sombras na sombra confundidas,
donda la no teu cabezal.
¡Erte, fillo, coma anxo airado,
rompe a paz, e ponte a loitar!

Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)

Versións:
Roi Casal: O sol na corda; Donos do noso destino; 2014; Pista 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario