domingo, 12 de octubre de 2014

Goethe

Aquil señor burgués condecorado,
usía ou excelencia ben cebado,
que ronca con pracer na noite longa
e ten muller feliz, de teta oblonga,
con dous fillos petisos, deportistas,
un pouco libertinos e <<juerguistas>>,
idiotas pola nai, polo pai, grosos;
pondo dentes de can que venta os osos,
ponse a rosmar e morde:
<<Eu prefiro a inxusticia ao desorde.>>

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)

Versións:
Miro Casabella: Goethe; Ti, Galiza; 1977; Cara B, Corte 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario