viernes, 20 de marzo de 2015

La guerra, madre

[*]

La guerra, madre: la guerra.
Mi casa sola y sin nadie.
Mi almohada sin aliento.
La guerra, madre: la guerra.
Mi almohada sin aliento.
La guerra, madre: la guerra.

La vida, madre: la vida.
La vida para matarse.
Mi corazón sin compaña.
La guerra, madre: la guerra.
Mi corazón sin compaña.
La guerra, madre: la guerra.

¿Quién mueve sus hondos pasos
En mi alma y en mi calle?
Cartas moribundas, muertas.
La guerra, madre: la guerra.
Cartas moribundas, muertas.
La guerra, madre: la guerra.

                                    1938

Miguel Hernández: Poemas sueltos (1938-1939). Obras completas (2010)**

Versións:
Lan Adomian: La guerra, madre; (música orixinal)



Zapata: La guerra, madre; Poesía en resistencia; 2012; Pista 4



*[Este poema escribiuno Miguel Hernández como canción. A musicou o compositor e violinista ucraíno Lan Adomian***, gran amigo seu, en Valencia o ano 1938; co fin de que se convertise en himno da IIª República Española. Entregoulle ademáis outros poemas-canción para que lle compusera música: Las puertas de Madrid, Todos camaradas e Madrid y su heroico defensor.]
**[Miguel Hernández: Obra poética completa; introducción, estudios y notas de Leopoldo de Luis y Jorge Urrutia; edición revisada por Jorge Urrutia. Alianza Editorial; Madrid, 2010.]
***[Lan Adomian Waisman, naceu en Ucraína  o 29 de maio de 1905. A súa familia, de orixen xudeu emigra aos Estados Unidos no ano 1923. Alí estuda viola no Conservatorio Peabody de Baltimore e composición no Instituto Curtis de Filadelfia. Simpatiza e participa cos movementos sociais e de esquerda da segunda metade dos anos vinte, compoñendo música para os manifestantes das ‘marchas da fame’ durante a Gran Depresión. Nesta época mantén gran amistade co doutor Charles Seeger (pai do cantante folk Pete Seeger).
Tra-lo golpe de estado fascista en España, alístase no Batallón Abraham Lincoln como voluntario das Brigadas Internacionais, seguindo a chamada da Internacional Comunista. Destinado en Valencia, coñece e mantén amistade con intelectuais, escritores e artistas españois como Miguel Hernández e Pascual Pla y Beltrán. Por orde dos seus oficiais comporá a música para o himno da VI División, coa letra que lle escribiu Miguel Hernández: Canción de la VI División.
Rematada a guerra voltou aos EEUU onde comezou a destacar como compositor de música para radio e documentais; pero a comezos dos anos 50 viuse obrigado a trasladarse a México polas dificultades de atopar traballo ao estar incluido nas ‘listas negras’ polo seu pasado de activista social e a súa participación nas Brigadas Internacionais.
Neste país coñecerá a Magda de Paul Nelken, nunha festa na casa do pintor mexicano Rufino Tamayo, filla da diputada socialista e comunista da IIª República Española: Margarita Nelken, fundadora da Unión de Mujeres Antifascistas. Despois da morte de Magda seguiría mantendo unha estreita relación coa súa sogra, Margarita. Paul Preston: Palomas de guerra; DEBOLSILLO, 2011; ISBN: 9788497934374.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario