viernes, 23 de octubre de 2015

Espranza

Erguerémola espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.

Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.

Non sabrán o camiño
que para entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.

Tripulantes insomnes
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.

Adictos da sudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)

Versións:
María Manuela e Miguel Varela: Erguerémo-la espranza; Erguerémo-la espranza; 1982; Lado 1, Corte 6



María Manuela e Manolo Dopico: Erguerémo-la espranza; O meu primeiro Celso Emilio; Edicións Xerais de Galicia, Libro-CD; 2012; Pista 1

No hay comentarios :

Publicar un comentario