viernes, 4 de marzo de 2016

Mapoulada mapoulada do río

    Mapoulada mapoulada do río
que mapoula é.

    Quen alcende as escumas do frío
muiñeira é.

    Quen marmura na lingoa do río
lavandeira é.

    Quen pendura o seu sono de un fío
tecedeira é.

    Mapoulada mapoulada do río
miña noiva é.

Manuel Cuña novás: Fabulario novo (1951)

Versións:
María Manuela e Miguel Varela: Mapoula; Erguerémo-la espranza; 1982; Lado 2, Corte 2



Xulia María: Mapoulada; A porta aberta; 2006; Pista 5



Quesia: Mapoulada, mapoula do río; www.quesia.es; 2014;

No hay comentarios :

Publicar un comentario