domingo, 6 de noviembre de 2016

Moitos pechan os ollos

Moitos pechan os ollos,
e pechan o corazón sin chave,
e déixanse nascer cada mañan
sin medo aos que defenden
un curruncho de terra
onde deitar os soños.
Moitos tápanse os ouvidos
pra non escoitar os prantos dos homes,
mentras as bombas
van destruindo os berros
das almas lastimeiras.
Moitos, con latexos choutándolles decote,
comenzan pola noite
a sachar os camiños,
ermos prados de ósos, sementes do anceio.
Moitos, cunha pinga de amor,
agardan alboradas de ledicia
como azas de choiva estrelecida.
Son moitos os que forxan
unha bandeira nova,
pra morder por ela.

María do Carme Kruckenberg: A sombra ergueita (1976)

Versións:
María do Carme Kruckenberg: Moitos pechan os ollos; Galiza a José Afonso. Concerto ao vivo. Castrelos (Vigo). Agosto 1985; 1999; CD1, Pista 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario