lunes, 24 de abril de 2017

No niño novo do vento

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira (1933)

Versións:
Luis Emilio Batallán: Quen puidera namorala; Ahí ven o Maio; 1975; Cara B, Corte 1



Amancio Prada: No niño novo do vento; A dama e o cabaleiro; 1987; Cara B, Corte 2



Pinky (Xosé Henrique Pintor): A pomba; Fonoteca 92 / El Correo Gallego; nº64; 1992; Cara B, Corte 4



Astarot: Quen puidera namorala; O sentir dunha terra; 2000; Pista 4



Milladoiro e Laura Amado: Quen puidera namorala; A Quinta das Lágrimas; 2008; Pista 7



Zeltia Montes: Quen puidera namorala; Pradolongo. BSO; 2008; Pista 20



Xoel López: No niño novo do vento; Eleccións Parlamento Galicia 2009. PSdeG-PSOE; 2009;



Rosa Cedrón e Cristina Pato: Pomba dourada; Soas Muller; 2010; Pista 8

No hay comentarios :

Publicar un comentario