jueves, 21 de septiembre de 2017

O desfiladeiro das bestas

                                                            Para Fatma e Lala

                                                            A vitoria alimenta o ódio,
                                                            Pois os vencidos non son felices.
                                                                                            BUDA

Era crente e coñecía todos os preceptos da súa relixión. Interpretaba, ao igual que a súa familia, as palabras do profeta con esperanza e intelixencia.

Era muller e foi cando cativa á escola coránica. Logo estudou para mestra, e desde a súa aula ensinaba a nenos e nenas o entendimento, a concordia e o felicísimo sabor da paz.

Era afgana e membro dunha tribu das montañas próximas a Kabul. Amaba os animais e a natureza. Conservaba a caricia do cabalo e a semente dos prados no seu corazón.

Era crente, muller e afgana. Era o gozo da vida. Despois viñeron os talibáns.

Lino Braxe: A caricia da serpe (1999)

Versións:
A caricia da serpe: Somalia – O desfiladeiro das bestas*; A caricia da serpe; 2005; Pista 1



*[A musicalización deste poema está precedida polo recitativo do poema Somalia, da obra de Lino Braxe: A caricia da serpe, do ano 1999.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario