jueves, 4 de enero de 2018

Meses do inverno fríos

Meses do inverno fríos,
que eu amo a todo amar;
meses dos fartos ríos
i o doce amor do lar.

Meses das tempestades,
imaxen da delor
que afrixe as mocedades
i as vidas corta en fror.

Chegade, e tras do outono
que as follas fai caer,
nelas deixá que o sono
eu durma do non ser.

E cando o sol fermoso
de abril torne a sorrir,
que alume o meu reposo,
xa non o meu sofrir.

Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)

Versións:
O val das mouras: Meses do inverno; Rosalía; 2015; Pista 7

No hay comentarios :

Publicar un comentario