jueves, 7 de junio de 2018

Balada do peep-show

se botas outra moeda danzarei de novo para ti
non haberá máis condena que o vidro ennegrecido
(poderás seguir matando gatos nas piscinas)
e o bamboleo da que non se sabe se dentro dun camión de machorras para a feira
ou a star dunha marcha triunfante-alucinóxena

e se sorrío poderás lerme nos dentes o destino que te espera
(canto mellor será se a túa moeda é grande
e o teu amor)

pero mentres ollas e non afundo
neste asedio de lodo e de indixencia
en canto xira o meu podio fascinante
se botas outra moeda
danzarei de novo para ti

Elvira Riveiro Tobio: Andar ao leu (2005)

Versións:
Fanny + Alexander: Danzarei para ti… se botas outra moeda; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 3



Fanny + Alexander: Danzarei para ti… se botas outra moeda*; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 9



*[Remesturada por Projecto Mourente.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario