sábado, 9 de junio de 2018

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)

Versións:
Aurora López e Teresa Luján: Penélope; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Editorial Galaxia; CD-Libro; Pista 6



A Quenlla: Penélope; 30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita; 2013; CD2, Pista 10



2naFronteira: Penélope; Zapatiños para Díaz Castro; 2014; Pista 8



Fuxan os ventos: Penélope; https://www.youtube.com/watch?v=kQKUCvjHpTE; 2014;

No hay comentarios :

Publicar un comentario