Páginas

martes, 18 de diciembre de 2018

No Vietnam

No Vietnam os ríos xa levan sangue,
os arrozales ficaron cubertos de homes.
¡A loitar! ¡A loitar!
No Vietnam voan bolboretas ensanguentadas
i o chan está sementado de pisadas estranxeiras.
¡A loitar! ¡A loitar!
No Vietnam estoupan diariamente millós de dolares,
e polo mundo escóitanse de cote laios de fame.
¡A loitar! ¡A loitar!
No vietnam morre a libertade afogada polos aviós
i os homes choran… ¡choran e berran!
¡A loitar! ¡A loitar!
No Vietnam os ríos xa levan sangue,
os arrozales ficaron cubertos de homes.
¡A loitar! ¡A loitar
no Vietnam!

Lois Diéguez: Canciós pra un agromar branco i azul (1968)

Versións:
Benedicto: No Vietnam; xis 3 EDIGSA/XISTRAL; 1968; Lado A, Corte 1



Benedicto: No Vietnam; Noticia da nova canción galega (VVAA); 1996; CD1, Pista 9

(Reedición da versión do disco xis 3 EDIGSA/XISTRAL, do ano 1968.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario