Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. |
|||
Desque te quixen, ingrato, todo acabou para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. |
|||
¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, |
|||
cando sabes que morrera por te contemplar felís? |
|||
Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, |
|||
con ese teu pedir tolo que non sei qué quer de min, |
|||
pois diche canto dar puden avariciosa de ti. |
|||
O meu corasón che mando cunha chave para o abrir. Nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir. |
|||
Rosalía de Castro: Cantares Gallegos (1863)
Versións:
2naFronteira: Rosa de abril; Alma; 2013; Pista 10
Roi Casal e Silvia Ferre: Rosa*; Donos do noso destino; 2014; Pista 1
Colectivo Bomba: Rosalía; Yeah!; 2014; Pista 4
Tempo catro sexteto: Nasín cando as prantas nasen; Os ollos que falan; 21014; Pista 8
*[A versión musical de Roi Casal está composta por este e mais o poema Quíxente tanto, meniña da obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, do ano 1863.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario