Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Buide. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Buide. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de noviembre de 2022

Ai, as preguntas

Ai, as preguntas
que endejamais serán contestadas.
Vai o rio cara o mar:
non pode volver a água.
           
   
Todo o que saben os sábios
a min non me importa nada.
           
Un angazo de anos vougos,            
Fausto,
peitea a tua barba branca.
           
   
Nen médicos nen juristas
curan o corpo ou a alma.
           
Home,
o corpo que quererias,
           
a alma que quererias,            
nen drogas nen leises fartan.            
   
Carne de muller, qué triste.
Verba de varón, qué falsa.
           
Toda resposta é mentira.
Só é verdade a pregunta,
           
a pregunta            
que resposta non agarda.            
   
Ricardo Carballo Calero: Entre o verde e o azul. Poemas pendurados dun cabelo (1952)

Versións:

Alipio Santiago: Pra vós a verdade, para min a beleza*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 31




Anxo Buide: Pra vós a verdade*; Musicando Carvalho Calero (VVAA)**; 2020; Pista 65



*[As versións musicais de Alipio Santiago e Anxo Buide están precedidas da musicalización do poema Pra vós a verdade, da obra de Ricardo Carballo Calero: Poemas pendurados dun cabelo, do ano 1952.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

domingo, 23 de octubre de 2022

Pra vós a verdade

Pra vós a verdade,
pra min a beleza;
pra vós o conceito
e para min a verba.

¿Quén ainda sabe
cómo son as cousas?
Eu a canzón levo
como flor na boca.

Guerreiros formosos,
arcanjos do certo,
que as brancas espadas
cravades no ceo.

Cara a Deus vivedes,
como en Deus eu vivo.
Vós interrogades
mentres eu admiro.

Do mundo enigmático
querés o segredo.
Eu canto, pueril,
o que non comprendo.

Ricardo Carballo Calero: Entre o verde e o azul. Poemas pendurados dun cabelo (1952)

Versións:

Teco: Pra vós; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 30




Alipio Santiago: Pra vós a verdade, para min a beleza**; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 31




Anxo Buide: Pra vós a verdade**; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 65




Guille LP: Pra vós, a verdade; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 78



*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
**[As versións musicais de Alipio Santiago e Anxo Buide están seguidas da musicalización do poema Ai, as preguntas, da obra de Ricardo Carballo Calero: Poemas pendurados dun cabelo, do ano 1952.]