Altos ían e ergueitos, iles, homes
do torrón, camaradas no silencio.
Por seu pe. Rexas mans, únicas armas,
concentradas en sí como durísimas
poutadas, pedra viva que latexa.
Ían lentos e miles e grisallos
entraméntra-la noite desataba
frio e negro decreto de silencio.
Camaradas sen luz, homes de terra,
pasaban torpes, como doces bestas,
ollos azul luxado e cos seus beizos
nun tremor despacioso ou desespero.
Ían reptando, multitude acéfala,
membro disforme, fluctuante grea,
materia invariable, terra iles,
esvaíndose lenta no silencio
de morte arrevoando e que nos queima.
Eu mireinos pasare ben desperto.
Non iles, iles non: os ollos densos,
seus ollos despoblados eran muda
testemuña de sono e de silencio.
Pero unánimes pes calcando a terra
da patria do traballo e do silencio,
pero tamén unánimes os dedos
da man, reconcentrados puños, eran
única espranza diste gran silencio.
Eu olleinos pasar, ían ergueitos.
Xosé Luis Méndez Ferrín*: Antoloxía popular (1972)
Versións:
Pilocha, Antón Seoane e Anxo Angueira**: Espranza xorda; De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega: 1973-1978; 2013; Pista 3
*[Publicado baixo o alcume de Heriberto Bens.]
**[O recitado final na voz de Anxo Angueira.]
Mostrando entradas con la etiqueta Pilocha. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pilocha. Mostrar todas las entradas
martes, 16 de mayo de 2023
martes, 28 de marzo de 2023
Tecín soia a miña tea
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Dolores Plata: Tecín soia; Lúa descolorida; 1985; Cara B, Corte 2
Pilocha: Tecín soia; Calamida sentimental; 1998; Pista 10
Alfredo González Vilela: Soia; Diáspora; 1999; Pista 2
Norfolk: Tecín soia; Cousas nosas; 2006; Pista 9
Abe Rábade e Gaudi Galego: Tecín soia a miña tea; Rosalía 21; 2008; Pista 7
Roi Casal e Silvia Ferre: Tecín soia*; Lendas douradas; 2008; Pista 12
Najla Shami: Tecín soia; Na lingua que eu falo; 2013; Pista 7
Pilocha: Tecín soia; De Voces Ceibes a Milladoiro: unha memoria do movimiento popular da canción galega: 1973-1978 (Antón Seoane); 2013; Pista 1
aCadaCanto: Tecín; a rosa d’Adina; 2013; Pista 3
A banda da loba: Tecín soia; Fábrica de luz; 2019; Pista 8
Nuria Lorenzo e Alejo Amoedo**: Tecín soya a miña tea; (di)Versos Femeninos; 2021; Pista 5
Grilo: Tecín soia; Tecín soia; 2022;
*[A versión musical de Roi Casal e Silvia Ferre remata cun fragmento do poema ¡Padrón...! ¡Padrón...!, da obra de Rosalía de Castro: Follas Novas, do ano 1880.]
**[Nuria Lorenzo (mezzosoprano), Alejo Amoedo (piano), con música composta por Juan Durán.]
***[Por cuestións de espazo coas etiquetas en blogger, non foi posible etiquetar a Grilo.]

Etiquetas:
A banda da loba
,
Abe Rábade
,
aCadaCanto
,
Alejo Amoedo
,
Alfredo González Vilela
,
Dolores Plata
,
Follas Novas
,
Guadi Galego
,
Najla Shami
,
Norfolk
,
Nuria Lorenzo
,
Pilocha
,
Roi Casal
,
Rosalía de Castro
,
Silvia Ferre
viernes, 23 de octubre de 2015
Espranza
Erguerémola espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que para entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.
Adictos da sudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)
Versións:
María Manuela e Miguel Varela: Erguerémo-la espranza; Erguerémo-la espranza; 1982; Lado 1, Corte 6
María Manuela e Manolo Dopico: Erguerémo-la espranza; O meu primeiro Celso Emilio; Edicións Xerais de Galicia, Libro-CD; 2012; Pista 1
Pilocha, Rodrigo Romaní, Beatriz Loureiro Vázquez, César Lorenzo e Antón Seoane: Espranza; De Voces Ceibes a Milladoiro: Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega: 1973-1978; 2013; Pista 2

Antón Seoane
,
Beatriz Loureiro Vázquez
,
Celso Emilio Ferreiro
,
César Lorenzo
,
Longa noite de pedra
,
Manolo Dopico
,
María Manuela
,
Miguel Varela
,
Pilocha
,
Rodrigo Romaní
viernes, 20 de junio de 2014
Enterro do neno probe
Punteiros de gaita
acompañábano.
O pai, de negro;
no mar, unha vela
branca.
Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada.
Abaixo, o mar;
o camiño no aire
da mañá.
Il iba de camisa
limpa
e zoquiñas brancas.
Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada.
Luis Pimentel: Sombra do aire na herba (1959)
Versións:
Benedicto: Enterro do neno probe; Pola unión; 1977; Cara B, Corte 4
Pilocha: O enterro do neno probe; Pilocha; 1978; Cara A, Corte 5
acompañábano.
O pai, de negro;
no mar, unha vela
branca.
Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada.
Abaixo, o mar;
o camiño no aire
da mañá.
Il iba de camisa
limpa
e zoquiñas brancas.
Os amiguiños levábano.
Non pesaba nada.
Luis Pimentel: Sombra do aire na herba (1959)
Versións:
Benedicto: Enterro do neno probe; Pola unión; 1977; Cara B, Corte 4
Pilocha: O enterro do neno probe; Pilocha; 1978; Cara A, Corte 5viernes, 30 de mayo de 2014
Fiandeiriña delgada
—Fiandeiriña delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.
—Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.
—Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.
1954
Uxío Novoneyra: Os eidos (1955)
Versións:
Pilocha: A fiandeira; Pilocha; 1978; Cara A, Corte 1
Miro Casabella: Fiandeiriña; Orvallo; 2004; Pista 2

Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)