Mostrando entradas con la etiqueta María do Ceo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María do Ceo. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de abril de 2024

Tres volvoretas

Na volta do regueiro,
sobre unhas fentas,
revoan que dá xenio
tres volvoretas.

Unha branca, outra azul
e outra amarela,
compañeiras e amigas
son todas elas.

Poisque esas cores deullas
a Natureza,
é natural que vivan 
sin diferencias.

Sin xenreiras nin penchas
e sin fachenda
comparten os peniscos
das verdes fentas.

Tal viven e conviven
as volvoretas,
xuntas brancas e azúes
e as amarelas.

Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)

Versións:

Suso Vaamonde: Tres bolboretas; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 4




Manoele de Felisa e Luis Emilio Batallán: Tres bolboretas; Cantos de lembranza; 2014; Pista 3




María do ceo: Tres bolboretas; Cancións para nenas e nenos; 2017; Pista 8

martes, 11 de abril de 2023

Tempro deserto

Como acendida lámpara en estreito
           Pechado camarín,
Así, n’o santuario d’o meu peito
           Arde unha lus sin fin.

Cand’a sua llama gunizando lenta
           Boquea e vai morrer,
Sopro de fé seu pálido alimenta
           E vólvese acender.

Mais d’o meu peito n’a profunda calma
           Non hai altares… Ah!
A lámpara d’o tempro d’a miñ’ alma
           A quén alumará?...

Si algún topas, viaxeiros d’esta vida,
           En que creades vós,
¡Poñeino ante esta lámpara acendida,
           Que está esperand’ un Dios!

Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

Versións:

María do Ceo: Tempro deserto; No bico un cantar; 2010; Pista 3

martes, 10 de mayo de 2016

Melodía gallega

Ten a serena o canto,
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
                       
Ti tes dabondo
co que tes escondido
neses teus ollos.
                       
 
O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a groria do poeta,
o ouro do mundo:
dera eso todo
por solo unha mirada
deses teus ollos.
                       
 
Buscan os pitorreises
para faguer niño,
a herba santa que nace
beira dos ríos.
Eu busco solo
unha mirada meiga
deses teus ollos.
                       
 
Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.
                       

Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

Versións:
Joaquín Deus: Os teus ollos; Morriñas da miña terra; 1960; Lado 2, Corte 2



Amancio Prada: Cando se pon a lúa*; Caravel de caraveles; 1976; Pista 9



Luar na Lubre: Os teus ollos; Plenilunio; 1997; Pista 5



Real Coro Gallego Toxos e Froles: Os teus ollos; 85 Aniversario (1915-2000); 2000; Pista 1



Carmendolores: Os teus ollos; Oceánica; 2001; Pista 3



Luar na Lubre: Os teus ollos; Chove en Santiago y otros éxitos; 2002; Pista 2

(Reedición da versión do disco Plenilunio, do ano 1997.)




Luar na Lubre: Os teus ollos; Discografía básica seleccionada; 2002; CD1, Pista 5

(Reedición da versión do disco Plenilunio, do ano 1997.)



Rosa Cedrón e Cristina Pato: Os teus ollos; Soas Muller; 2010; Pista 12



María do Ceo: Os teus ollos; No bico un cantar; 2010; Pista 2



Uxía Senlle e Lenine: Os teus ollos; Meu canto; 2011; Pista 3



Uxía Senlle e Narf: Os teus ollos; Baladas da Galicia imaxinaria; 2015; Pista 8



*[A versión musical de Amancio Prada componse da derradeira estrofa deste poema seguida dunha cantiga tradicional galega: Dicen que chove, que chove, / que trona, que chove, / deixa-lo chover. / O mérito é ter muller / que sexa bonita / e sepa querer. / Sinto ruxir, ruxir, / o vendaval / quen puidera fuxir d'eiquí / con este temporal.]

lunes, 14 de marzo de 2016

María Soliña

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)

Versións:

Xavier: María Soliña; Xis 6 Edigsa/Xistral (EP); 1968; Lado 2, Corte 2




Amancio Prada: María Soliña; Vida e morte; 1974; Cara A, Corte 3




Los Tamara: María Soliña; Miña Galicia verde; 1974; Cara A, Corte 4




Miro Casabella: María Soliña; Ti, Galiza; 1977; Cara A, Corte 4




Benedicto: María Soliña; Pola unión; 1977; Cara A, Corte 2




Los Tamara: María Soliña; O enxebre dos Tamara; 1979; LP2, Cara A, Corte 6

(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974.)




Xavier: María Soliña; 7 anos de canción galega (VVAA); 1979; Cara 1, Corte 5

(Reedición da versión do disco Xis 6 Edigsa/Xistral (EP), do ano 1968.)




Xocaloma: María Soliña; Nos; 1983; Cara B, Corte 4




Los Tamara: María Soliña; Los Tamara; 1987; Pista 4

(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974.)




Los Tamara: María Soliña; 14 éxitos d’oro; 1991; Pista 7

(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974.)




Carlos Núñez e Teresa Salgueiro: María Soliña; Os amores libres; 1999; Pista 4




Luar na Lubre: María Soliña; Camiños da fin da terra; 2007; Pista 3




Luar na Lubre: María Soliña; Ao vivo!; 2009; CD1, Pista 3




Rosa Cedrón e Cristina Pato: María Soliña; Soas Muller; 2010; Pista 2




María do Ceo: María Soliña; No bico un cantar; 2010; Pista 12




2naFronteira: María Soliña; Alma; 2013; Pista 8



*[Por razóns de espazo non foi posible etiquetar a Cristina Pato.]

viernes, 12 de febrero de 2016

Maio 1972, I

Fai pouco tiven un soño
que máis ben foi un lembrar,
pois os soños moitas veces
veñen da realidá.

Colléronme preso un día
i atáronme mau con mau,
por culpa dun falso amigo,
fillo bastardo dun can.
Colléronme preso un día,
enlamáronme no chan,
aldraxáronme, puxeron
o meu nome a pregoar.
Sepan homes e mulleres
desta honrada vecindá
que o poeta é un falsario,
un malvado, un mintirán.

Moraima, non me perguntes
nin pretendas saber máis,
pois o meu soño esvaíuse
cos paxaros da mañán.
Diréiche soio unha cousa
pra esta historia rematar.
Colléronme preso un día,
outro non me collerán.

Celso Emilio Ferreiro: Onde o mundo se chama Celanova (1975)

Versións:
Suso Vaamonde: Un soño (Maio 1972); Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde; 1980; Cara A, Corte 3



Suso Vaamonde: Un soño; Galiza a José Afonso. Concerto ao vivo. Castrelos (Vigo) (VVAA). Agosto 1985; 1999; CD1, Pista 2



María do Ceo: Tiven un soño; No bico un cantar; 2010; Pista 7

jueves, 8 de octubre de 2015

Están as nubes chorando

ESCEA II

O boticario e, dispóis, máis boticarios

O BOTICARIO
    Esta rapaza non é unha tola, non. E seméllame que lle acomodo… Ela quer casar con home maduro e deitarse en sabáns de bo liño. ¡Ten talento! ¿E ti, Saturio, casaríaste con Lela? Casar… casar, casaría se as miñas irmáns desen consentimento… ¡Ela ten un celme no falar! ¡E qué corpo! ¡Qué corpo! Sería capaz de deixar ás miñas irmáns por seguila ao mesmo inferno.

    O boticario vai por unha guitarra e sénsase nunha silla, ao pé do mostrador. Ponse a templar o instrumento e a facer “posturas”.

O BOTICARIO
    Xa perdín os dedos; pero aquelas cousas que tocábamos en Sant-Iago non as esquezo, non. Lémbrome dunha vez… Eu coa guitarra e os meus compañeiros de pousada a cantar. ¡Qué serenatas demos!

    O boticario asubía unha cántiga de estudantes, acompañándose coa guitarra. Neste intre xurden detrás do mostrador, un a un, varios persoaxes idénticos a el. Trátase de revivir aquela serenata que o vello estudante relembra. O boticario multiplícase para formar un coro que rompe a cantar a vella cántiga.

CORO DE BOTICARIOS
            Están as nubes chorando
            por un amor que morréu
            están as rúas molladas
            de tanto como chovéu.

            Lela, Lela,
            Leliña por quen eu morro
            quero mirarme
            nas meniñas dos teus ollos.

            Non me deixes
            e ten compasión de min.
            Sen ti non podo,
            sen tí non podo vivir.

            Dame alento cas túas palabras,
            dame celme do teu corazón,
            dame lume cas túas miradas
            dame vida co teu doce amor.

            Lela, Lela,
            Leliña por quen eu morro
            quero mirarme
            nas meniñas dos teus ollos.

            Non me deixes
            e ten compasión de mín.
            Sen ti non podo,
            sen tí non podo vivir.

    Os boticarios desaparecerán agachándose detrás do mostrador, tal como apareceron.
    O boticario sai da escea coa guitarra darrastro.

Castelao: Os vellos non deben de namorarse. Lance primeiro. Escea II (1953)*

Versións:
Xocaloma: Lela; Nos; 1983; Cara B, Corte 5



Suso Vaamonde: Lela; Regodobargo; 1995; Pista 3



Carlos Núñez e Dulce Pontes: Lela; A irmandade das estrelas; 1996; Pista 9



Cristina Fernández: Leliña do meu querer; Raigames; 1998; Pista 13



Los Sabandeños e Dulce Pontes: Lela; 19 nombres de mujer; 1998; Pista 18



María do Ceo: Lela; Vellas lembranzas; 1998; Pista 7



Astarot: Lela; O sentir dunha terra; 2000; Pista 2



Quintafeira: Lela; …de seu; 2000; Pista 6



Carlos Núñez e Dulce Pontes: Lela; Todos os mundos; 2002; Pista 6

(Reedición da versión do disco A irmandade das estrelas, do ano 1996.)




Lorena Lores: Lela; Alecríns; 2003; Pista 7



Cristina Fernández: Lela; Lembranza; 2003; Pista 5



Emilio Rúa: Lela; Interior; 2010; Pista 7



Rosa Cedrón; Lela; Cantando a Galicia; 2013; Pista 7



Amesmalúa: Lela; La misma luna; 2013; Pista 5



*[Escrita durante os primeiros anos do seu exilio, en Nueva York, entre 1938-1939. Estreada en Bos Aires o 14 de Agosto de 1941, no Teatro Mayo, baixo a dirección e coa escenografía do propio Castelao. Estreada en Galicia o 25 de Xullo de 1961, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.]
**[Por problemas de espazo etiquetouse o título da obra como Os vellos non deben.]

jueves, 3 de abril de 2014

Conto

Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.

Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.

Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.

Xosé Luis Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)

Versións:
Suso Vaamonde: Conto; Regodobargo; 1995; Pista 9



María do Ceo: Era Galicia; No bico un cantar; 2010; Pista 10