martes, 14 de agosto de 2018

Galiza é un outono puro e bon

Galiza é un Outono puro e bon,
un río que discurre mansamente,
lume abrasador, fértil semente,
futuro presentido e en sazón.

E foi labrando o tempo —luz, paixón—
o seu ser escuro e transcendente,
luindo o corazón de toda a xente
e conformando a terra e o torrón.

Galiza é unha agarda moi madura
que non permite plazos, dilaciós,
estancamentos, freos ou premura.

¡Abonda xa de laios e canciós!
¡Non queremos ser río de tristura
correndo pola vida a tropezós!

Manuel María: Poemas ao outono (1977)

Versións:
David Taboada: Outono*; Once máis 15 (VVAA); 2009; Pista 12



*[A versión musical de David Taboada remata cunha estrofa do poema Canción para cantar todos os días, da obra de Manuel María: Canciós do lusco ao fusco (1970).]

No hay comentarios :

Publicar un comentario