| Cabeleira de choiva, ollos de brétema: María Silenzo, esfarrapada, á espreita. |
|||
| Sempre agardando, pola noite, ás barcas. A túa anguria fala con olladas. |
|||
| María Nocturna: no peirán, ¿qué esperas? ¿Polo día non vives? ¿Naces cada solpor? ¿Cás da primeira estrela? |
|||
| María Silenzo sempre dura e muda… ¿Cál é a barca que agardas? |
|||
| Das fontes dos teus ollos fluíen ríos de sono. Pero tí sempre dura e desvelada, batida polo vento, no peirán… |
|||
| María Silenzo, eu roubaría no ceo a estrela de mel, na iauga a estrela de prata, para che mercar a fala. |
|||
| Se queres ulir frores dareiche a fror da lúa. |
|||
| María do Mar. ¿qué barca agardas? | |||
| ¿Queres o sol, carne da lúa fría? | |||
| O sol é un porco-espiño disfrazado. No mar agora, ourizo de mar, durme. |
|||
| Pescado pola cana do abrinte, heicho de dar, raiolante e mollado. |
|||
| ¡María Silenzo, Voz Dormida: fala! | |||
| ¿A qué afogado esperas, María da Sombriza Espranza? |
|||
| María Silenzo: ¿agardas a túa voz? | |||
| ¿as ondas do mar levado roubároncha? | |||
| De choiva e vento vestida, María Silenzo, calada… |
|||
Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado (1934)
Versións:
Fanny + Alexander: María Silenzo; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 1
A Minha Embala*: María Silenzo; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2010;
Carlos Patiño Gómez: María Silencio; Musicando Carvalho Calero*** (VVAA); 2020; Pista 16
Tu mujer nos engaña: María Silêncio; Musicando Carvalho Calero*** (VVAA); 2020; Pista 48
*[Gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero.]
**[Concurso musical organizado por komunikando.net e AGAL (Associaçom Galega da Língua), con motivo do centenario do nacemento de Ricardo Carballo Calero.]
***[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]



No hay comentarios :
Publicar un comentario