jueves, 23 de febrero de 2017

Negra sombra

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)

Versións:
Antoñita Moreno: Negra sombra; Ronda de España; 1965; Cara A, Corte 1



Los Tamara: Negra sombra; Miña Galicia verde; 1974; Cara A, Corte 3



Bibiano: Negra sombra; Aluminio; 1979; Cara B, Corte 5



Pepe Domingo Castaño: Negra sombra; Galleguiños; 1979; Cara A, Corte 5



Amancio Prada: Negra sombra; Dulce vino de olvido; 1985; Cara B, Corte 2



Amancio Prada: Negra sombra; Canta a Galicia; 1986; Cara A, Corte 1

(Reedición da versión do disco Dulce vino de olvido, do ano 1985.)




Carlos Núñez e Luz Casal: Negra sombra; A irmandade das estrelas; 1996; Pista 4



Amancio Prada: Negra sombra; Rosas a Rosalía; 1997; Pista 18



Astarot: Negra sombra; O sentir dunha terra; 2000; Pista 1



Miro Casabella: Cando penso que …; Orvallo; 2004; Pista 5



Amancio Prada; Negra sombra; Rosalía siempre; 2005; Pista 17

(Reedición da versión do disco Rosas a Rosalía, do ano 1997.)




María do Ceo: Negra sombra; Tan lonxe, Tão longe; 2007; Pista 9



Abe Rábade e Gaudi Galego: Negra Sombra; Rosalía 21; 2008; Pista 5



Roger Mas: Negra sombra; Roger Mas i la cobla Sant Jordi ciutat de Barcelona; 2012; Pista 14



Najla Shami: Negra sombra; Na lingua que eu falo; 2013; Pista 5



Amancio Prada: Negra sombra; Resonancias de Rosalía; 2014; Pista 13

(Reedición da versión do disco Rosas a Rosalía, do ano 1997.)

No hay comentarios :

Publicar un comentario