Chove, chove na casa do pobre
e no meu corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
Mágoa da ferida allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sufren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.
Chove, chove na casa do pobre
e no meu corazón tamén chove.
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra (1962)
Versións:
Antón Seoane: Inverno; De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimiento popular da canción galega: 1973-1978; 2013; Pista 6
No hay comentarios :
Publicar un comentario