Un cabelo de anjo
pendurado do ceo,
se non é a espada de Damocles,
é adival para o espírito,
xímio equilibrista,
que, nel agarrado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fio
tirado do seu próprio miolo,
cordón umbilical que o vencella
ao seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.
Ricardo Carballo Calero: Poemas pendurados dun cabelo (1952)
Versións:
Asociación cultural Os Liantes: Un cabelo de anxo; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 20
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario