martes, 26 de junio de 2018

Baleiráronse as terrazas

Baleiráronse as terrazas
en apenas vinte horas.
Gustoume aquel poema, falaba
de buscar rostros
nas xanelas
dos autobuses
e
despois
morrer.
A ti tamén che gustou.
Non estaba mal
para escribilo un guerrilleiro que
despois
morreu.
En combate.
Proe dicirnos adeus.
Era
cando saen todos os trens.
Un intre apagado:
a estación sen ti.
Por suposto que hai razóns para estarmos vivos:

velaí o inexplicábel.

"Porque los héroes nunca dijeron
que morían por la patria
sino que murieron"
LIONEL RUGAMA

Daniel Salgado: Sucede (2004)

Versións:
Fanny + Alexander: A estación sen ti*; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 7



*[A versión musical do grupo Fanny + Alexander está seguida polos poemas A estas alturas nada colle nun poema, e Cae a noite e esquécense os obxectos, todos da obra de Daniel Salgado: Sucede, do ano 2004. O título da versión musical coincide co título da sección II de dita obra: A estación sen ti.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario