viernes, 1 de junio de 2018

Pedra

Cada pedra montesía,
cada croio dos agros,
cada laxe de valado,
cada seixo do río,
cada roda de muíño,
cada arco da ponte,
cada con ventureiro,
cada lousa do camposanto,
cada rocha que se alza,
cada pedernal lostregante,
cada moa de afiar,
cada lareira
van en min,
nos meus ósos,
no meu ancestro mineral
e xeolóxico,
na clave do esqueleto
que me sostén
e que me leva
polo rego da vida.

Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)

Versións:
Manoele de Felisa: Pedra; Cantos de lembranza; 2014; Pista 9

No hay comentarios :

Publicar un comentario