martes, 5 de junio de 2018

Abrente

A lua espreita
dende a baranda,
a noite vaise
i o galo canta.

Un novo día
na porta agarda,
día de todo,
vispra de nada.

O día pensa
que o mundo é seu
e cada día
leva algo meu.

Imos andando
día tras día,
mentras a morte
a fouce afía.

Noite pequeña,
día longal,
cando amañece
algo acontece
pra ben ou mal.

Celso Emilio Ferreiro: Cartafol de poesía (1936)

Versións:
A banda da loba: Abrente; Bailando as rúas; 2017; Pista 6

No hay comentarios :

Publicar un comentario