viernes, 7 de julio de 2017

O cantar de Mari-Pepa

      Cantan na rúa os neniños
o cantar de Mari-Pepa,
e, por vel-os, os pardaes
axexan baixo das tellas:

      —A serriña, serra,
      ti pol-o mar
      i-eu pol-a terra.

—Canta, canta, miña rula;
canta, canta, Mari-Pepa,
o cantariño sinselo,
o cantar que sempre empeza:

      —A serriña, serra,
      tí, pol-o mar
      i-eu pol-a terra.

Collen a filaza os nenos
e unha crus fixeron d-ela,
e, mentras un tira aos lados,
o outro tira pr-âs pernas:

      —A serriña, serra,
      tí, pol-o mar
      i-eu pol-a terra.

—Cantemos, cantemos sempre,
nenos da estirpe galega,
o cantar de «Cantaceibe»,
o cantar de Mari-Pepa:

      —A serriña, serra,
      ¡tí, pol-o mar
      i-eu pol-a terra!

Antón Zapata: A roseira da soidade* (1953)

Versións:
Suso Vaamonde: O cantar de Mari-Pepa; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD1, Pista 5



*[Publicado orixinalmente en Alborada, Revista da Asociación Benéfica y Cultural do Partido de Corcubión en Bos Aires, nº 75, abril-maio de 1933. (Villar González, Arximiro B.: A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo. Tesis doctoral. Facultade de Filoloxía: Departamento de Filoloxía Galega. Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. 2008.).]

No hay comentarios :

Publicar un comentario