domingo, 30 de julio de 2017

A patera

Ela cruzou o estreito
nunha triste patera.

Ela pagara a paxase
para fuxir da area.

Do deserto maldito.
Esquecer a miseria.
Procurar un destino
onde rompe a marea.

Evocar a súa tribu
nas noites eternas.

Ser león e ser cebra.
Ser lúa e ser terra.

Esperar ese fillo
que no ventre lle medra
e danzar nas tabernas
imitando as gacelas.

E soaron disparos…
E volcou a patera.

Lino Braxe: A caricia da serpe (1999)

Versións:

A caricia da serpe: A patera; A caricia da serpe; 2005; Pista 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario