Na maré de palla esguía
escachan pétalas roxas,
e a proa da bris navega
entre illas de catro follas.
O sangue da terra rube
ao cáliz da papoula,
e baixa o sol a deitarse
na onda de pan e rosas.
O ar do serán e a luz
a leira grávida arrolan,
verde cantiga nupcial
das espigas e as papoulas.
Para a nacenza do pan
quixo Deus unha coroa,
e pousou na sen da espiga
os rubís de catro follas.
San Miguel de Outeiro, 1967
Valentín Paz Andrade: Sementeira do vento (1968)
Versións:
2naFronteira: Catrivium da mapoula; Alma; 2013; Pista 1
No hay comentarios :
Publicar un comentario