Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.
Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños no sol.
Ten lúa nova e crecente
e ollos pra decir ai lá!
A boca tenha pechada
para vendimas de sal.
E ten un cabelo novo,
aí amor! qué pelo ten.
Cheiro profundo de alga
e sabor limpo de mel.
Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Navegada de luceiros
na noite nácelle o van.
Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira (1933)
Versións:
Amancio Prada: Na nao do mar laranxa / Hai unha illa loubada*; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 4
Amancio Prada: Na nao do mar laranxa*; 3 poetas en el círculo; 1998; Pista 2
Jei Noguerol: Hai unha illa loubada; Lúa nova; 1998; Pista 9
* [A versión musical de Amancio Prada está precedida polo poema Na nao do mar laranxa da obra de Álvaro Cunqueiro Cantiga nova que se chana riveira, do ano 1933]
No hay comentarios :
Publicar un comentario