martes, 21 de octubre de 2014

Castelao

Cando cheguen os tempos non chegados
cando canten as mans traballadoras
nas doídas manceiras dos arados
e nas salgadas redes pescadoras,

Galicia ceibe tallará o teu nome
nas outuras do Pórtico da Groria
pra que falen os anxos con un home
que leva a patria enteira na memoria.

Unha nova Galicia sen cadea,
que non esportará mais sangue humán
nin asoballará unha man allea:

Unha Galicia nova, a de mañán,
que xa ven alborando, xa clarea,
no peito arrolará teu soño irmán.

Lorenzo Varela: Poemas soltos (1969)

Versións:

A Quenlla: Castelao; 30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita; 2014; CD1, Pista 9

No hay comentarios :

Publicar un comentario