Tódolos ríos pasan pola miña
alma, cheos de Deus, música e lapas.
Tódalas pombas fan o meu amor.
A beleza feriume para sempre.
Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza feriume para sempre.
En cada vez eu oio unha chamada
cun longo eco de adeus que non entendo,
pro que me fire coma espada ardendo.
A beleza feriume para sempre.
E as falopas dos anos van caendo
sobre a sede inmortal e os ollos tristes,
¡pro no enterran a boca da ferida!
A beleza feriume para sempre.
Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)
Versións:
2naFronteira: Coma unha espada; Zapatiños para Díaz Castro; 2014; Pista 14
No hay comentarios :
Publicar un comentario