Baixaron os ánxeles
adonde ela estaba,
fixéronlle un leito
coas prácidas alas,
e lonxe a levano
na noite calada.
Cando á alba do día
tocóu a campana,
e no alto da torre
cantóu a calandria,
os ánxeles mesmos,
pregada-las alas,
“¿Por qué —marmurano—,
por qué despertela...?”
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
O val das mouras: Dulce sono; Rosalía; 2015; Pista 11
No hay comentarios :
Publicar un comentario