Xa se fincou nas pereiras
a primavera. Sentín
o vou-e-non-vou de marzo.
¡Xa non hai piedade pra min!
Pasou rispándome a quina
dun cabalo que non vin.
Brandeuse o ceo de vidro
aló por Ponte-Gafín.
Crebouse a paz coma un fío
nos dentes fríos de abril.
Perdido no remuíño,
¡xa non hai piedade pra min!
Ti, cabelos de ouro e de aire,
nena, ¿en qué ceo te vin?
Chuchoume unha meiga os ollos,
ti xa non es metá de ti.
Torceuse o eixo das cousas,
toleou folla e raíz,
moscáronme os soños, caio…
¡Xa non hai piedade pra min!
Pro tralo fume revolto
de todo o que cai, sentín
que Deus andaba a xogar.
¡Inda hai piedade pra min!
Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)
Versións:
2naFronteira: Remuíño; Zapatiños para Díaz Castro; 2014; Pista 10
No hay comentarios :
Publicar un comentario