Escoita, irmau, as miñas verbas:
son sinxelas e impuras
como as verbas feridas
co coitelo dos beizos, cada día.
Vouche decir tan só que teño
a miña mau tendida,
aberta, núa e viva como o mar.
Que teño, irmau, maduro o corazón
pra gardar nel as verbas túas.
Que a vida é moi fermosa
ainda que hai homes
que teñen os beizos emporcados
con verbas de falsía,
i o corazón podre polo odio,
i as maus pingando sangue,
I agachados, no fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e pistolas asesinas.
¿Que importa, irmau, que morra o día
si a súa morte
abre en nós a esperanza do mencer?
Non temas.
Aínda o paxaro ten canciós
i as estrelas se alcenden cada noite.
Manuel María: Mar Maior (1963)
Versións:
A Quenlla: Verbas a un irmau; A casa que nunca tivemos; 1996; Pista 19
A Quenlla: Verbas a un irmau; Na boca unha cantiga; 2009; Pista 1
(Reedición da versión do disco A casa que nunca tivemos. do ano 1996.)
martes, 20 de enero de 2026
Verbas a un irmau
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)


No hay comentarios :
Publicar un comentario