jueves, 17 de marzo de 2016

A Rosalía de Castro

Dúas nais me bican e me dan arrolo.
Unha, a do tempo neno, a pomba aquela
que me acochóu, mimosa, no seu colo
co xeito homilde da virtú sinxela.

Afundido no dor, frebente, tolo,
chamaba a norte a berros ó perdela,
cando ó ler os teus libros ¡ou consolo!
surdiche Tí: contigo tornóu Ela!

Dende entón, si ferido dos penares
que ensangrentan a vida con que loito
pouso a ialma nas FOLLAS i os CANTARES,

¡Rosalía! ¡ña Nai! ¡miña Santiña…!
¡méntrela Rula milagreira escoito,
sinto unha doce man que me acariña!

Ramón Cabanillas: Santos da nosa Terra. Da terra asoballada (1917)

Versións:
Juan Pardo: A Rosalía Castro; Galicia, miña nai dos dous mares; 1976; Cara B, Corte 2



Cristina Fernández: A Rosalía de Castro; Falade galego; 1983; Cara A, Corte 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario