abróllanme dende o fondo
porque eu endexamáis escondo
a canción que vai conmigo.
Cos meus cantares consigo
ser coma o vento lixeiro,
ninguén me marca o sendeiro,
ninguén me dicta a canción,
teño limpo o corazón
pra vivir ceibe e senlleiro.
Meu canto rudo e sinceiro
co badoco non se avén.
Desprezo a todo o que ten
alma servil de logreiro
sen outro Deus que o diñeiro.
Meu canto a ninguén falaga,
ninguén por cantar me paga,
soio o povo, meu irmán,
aplaude o meu canto chan,
se poño o dedo na chaga.
Celso Emilio Ferreiro: Inédito* (1970)
Versións:
Xulio Formoso: O dedo na chaga; Galicia canta (VVAA); 1970; Cara B, Corte 6
Suso Vaamonde: O dedo na chaga; Loitando; 1973; Lado 1, Corte 1
Xerardo Moscoso: O dedo na chaga; Galicia; 1976; Cara 1, Corte 3
Xerardo Moscoso: O dedo na chaga; Acción galega; 1977; Cara A, Corte 4
*[Este poema foi composto por Celso Emilio Ferreiro en castelán para Xulio Formoso, que o incluiría posteriormente no seu cuarto álbum discográfico: La canción que va conmigo, 1974. O propio Celso Emilio Ferreiro traduciuno ao galego para formar parte do disco colectivo Galicia Canta (Caracas, 1970).]
Magnificas Versions
ResponderEliminar