Auga, pedra, sol e vento
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.
Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)
Versións:
Xosé Neira Vilas: Desta terra; Cantos de lembranza; 2014; Pista 1
No hay comentarios :
Publicar un comentario