miércoles, 13 de septiembre de 2017

O demo

Das millenta falcatrúas
que nos fan, e que facemos,
¿a quén se lle bota a culpa
na miña parroquia?
Ó demo.
O demo apaga os candiles,
o demo queima os palleiros,
entra o demo nunha casa
e anda todo ós catro ventos;
no hai reparto de consumos
sin intervención do demo;
él é o que mata e esfola,
e o que revolve o concello;
él é quen me tenta a min
sempre que publico versos;
e ás mozas que están... pra diante
tamén as tentou... ¡o demo!

Antonio Noriega Varela: Do Ermo (1920)

Versións:
Mareira: O demo; Mareira; 1980; Cara B, Corte 5

No hay comentarios :

Publicar un comentario