A pomba cumpriu a misión.
Volveu á arca
e deitou o signo na man de Noé.
Mais o corvo afastouse
nun refacho de vento,
saíu da historia
do escarmento divino
cun trazo desastrado,
pintou con ás o autorretrato
do voar farrapento,
signo el mesmo
do lévedo inmortal do despoxo,
e foi pousar na identidade prófuga da neve.
Todo está nesa voz
leal á soidade.
Gralla con humor negro o desertor.
Parodia o estilo marcial de Deus.
Roucas voces de mando,
e unha piadosa maldición enxertada no vento,
esa lápida nómade
que de todo home debería dicir:
Morreu porque el quixo
Manuel Rivas: A desaparición da neve (2009)
Versións:
Manuel Rivas: O corvo de Noé; A desaparición da neve; 2009; Pista 12
No hay comentarios :
Publicar un comentario