lunes, 4 de diciembre de 2017

Laio do vello emigrante

Eu tiña un fogar, unha casa con hedras nas paredes
e anduriñas na beira do tellado.
Tiña un regueiro garuleiro, catro rufos bacelos de alvariño,
un ceo agarimoso
que enfeitaba de luz a miña vida.

E se máis regalías merecese, tiña vinte anos.
Vinte espadas xusticieiras e honradas pra esixir, pra loitar.
Perdino todo.

No xogo aguriante de emigrante,
procurando gañar, vivir, medrar,
tróuxome a sorte soedade e morte.

Xosé Neira Vilas: Dende lonxe (1960)

Versións:
Xerardo Moscoso: Laio do vello emigrante; Galicia; 1976; Cara 1, Corte 6



Xerardo Moscoso: Laio do vello emigrante; Acción galega; 1977; Cara A, Corte 5

No hay comentarios :

Publicar un comentario