Pola veira do río
vai a meniña,
ollando sobre a auga
a súa cariña.
Leva un cesto pequecho
de moitos freques
pra coller margaridas
e chuchameles.
Unha ran brincadeira
chouta na erba
e batuxa e ranfiña
diante da nena.
Mentras o río longo
ruxe e cavila,
leda coma un parrulo
vai a meniña.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Vai a meniña; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 6
No hay comentarios :
Publicar un comentario