domingo, 3 de noviembre de 2013

Cantiga

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
“Xa no mundo non teño ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
     i o lamento
     repetía:
“¡Vou morrer e non vén o meu ben!”

Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América,
vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
“¡Quen pudera dar volta –pensaba-
quen pudera convosco voar!...”

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouir seus amargos lamentos;
     sólo os ventos
     repetían:
“¡Quen pudera convosco voar!”

Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vos hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
     unha cova
     nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

                    (5 xuño 1869)

Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

Versións:
Joaquín Deus: Unha noite na eira do trigo; Morriñas da miña terra; 1960; Lado 2, Corte 1



Gregorio: Unha noite na eira do trigo; Gregorio / Abel Philips 6029118 single; 1972; Cara A



Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; Miña Galicia verde; 1974; Pista 9



María Manuela: Unha noite na eira do trigo; Cantigas ao meu xeito; 1975; Cara 1, Corte 5



Agrupación Folklórica Cantigas e Agarimos: Unha noite na eira do trigo; Cantigas e Agarimos; 1977; Pista 4



Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; O enxebre dos Tamara; 1979; CD1, Pista 7

(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974)




Amador Salgueiro: Unha noite na eira do trigo; En conmemoración del centenario de la gran escritora Rosalía de Castro Record 83 R-47-S single; 1985; Cara B



Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; Los Tamara; 1987; Pista 9

(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974)




Xoán Eiriz: Unha noite na eira do trigo; Sentimentos; 1988; Pista 1



Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; 14 éxitos d,oro; 1991; Pista 10

(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974)




Ana Kiro: Unha noite na eira do trigo; Toda unha vida; 1998; Pista 1



Xoán Eiriz: Unha noite na eira do trigo; Lelías; 1999; Pista 11



Astarot: Unha noite na eira do trigo; O sentir dunha terra; 2000; Pista 1



María do Ceo: Cantiga; Al rescate del alma; 2001; Pista 6



Antubel: Unha noite; La noche es pá la gente de mal vivir... (y pá los músicos); 2001; Pista 8



Maite Dono: Cántiga; O mar vertical; 2001; Pista 7



Uxía Senlle: Unha noite na eira do trigo; La tierra del agua (VVAA); 2007; Pista 5



Antoloxía: Unha noite na eira do trigo; Vai por tí, vello. Música e poesía; 2007; Pista 6



Víctor Aneiros e Paula Martins: Unha noite na eira do trigo; Heroe secreto; 2008; Pista 6



Cristina Pato e Rosa Cedrón: Unha noite na eira do trigo; Soas Muller; 2010; Pista 11



A banda das Crechas: Unha noite na eira do trigo; Abdc; 2010; Pista 10



María do Ceo: Unha noite na eira do trigo; No bico un cantar; 2010; Pista 13



Xoán Eiriz e Rosa Cedrón: Unha noite na eira do trigo; 30 anos e unha cantiga de amor; 2011; Pista 7



*[Por cuestión de espazo non foi posible etiquetar a Joaquín Deus, Maite Dono, A banda das Crechas, Amador Salgueiro e Antoloxía.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario