Idioma meu, homilde, nidio, popular,
labrego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ó burgués, ó señorito i o tendeiro:
levas sangue do povo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sin mágoas nin tristuras.
Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a probeza i o delito,
fala do emigrante e do maldito:
soio resoas nos lares
das xentes populares.
¡Ti tés que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
pra erguer noso futuro
de povo ausoluto e verdadeiro!
Manuel María: Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976)
Versións:
María Manuela: Idioma meu; Idioma meu; 1977; Cara A, Corte 1
No hay comentarios :
Publicar un comentario