Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro:
¡pon ós teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!
O lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
¡e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón:
¡pon ós teus cornos ó sol
ó sol ós teus cornos pon!
Manuel María: Os soños na gaiola (1968)
Versións:
Suso Vaamonde: Caracol; Os soños na gaiola; 1978; Disco 2, Lado B, Corte 2
Ola, gustaríame pedirche un favor. estou facendo un traballo na escola sobre os caracois e os nenos aprenderon o poema e a canción e gustaríanos ter o mp3 para facer un vídeo. Poderías enviarnos ou compartirno o mp3? cra.vilaboa@edu.xunta.es
ResponderEliminarTraballamos nun CRA e estamos a facer un proxecto sobre o caracol e gustaríanos que compartiras o arquivo en mp3 da canción do caracol caracoleiro para facer un vídeo cos nenos. Moitas grazas
ResponderEliminarcra.vilaboa@edu.xunta.es