Canzón pra que un neno non durma
Ao meu gran amigo Piñeiro
Non durmas
meu neno pequeno…
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Racha cos pes
esta sábana
de medo.
Non peches os ollos
neno pequeño.
O vento zoa,
non peches os ollos.
A morte
ronda por fóra.
Vexo o río mouro
e unha folla morta.
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Luis Pimentel:
Triscos (1950)
Versións:
Xosé Manuel Conde:
Canzón pra que un neno non durma;
Bule, berra, chora; 1976; Cara A, Corte 5
Miro Casabella:
Canzón pra que un neno non durma;
Ti, Galiza; 1977; Cara B, Corte 2
Víctor Aneiros:
Canzón pra que un neno non durma;
Héroe secreto; 2008; Pista 10
No hay comentarios :
Publicar un comentario