A Saleta e Manuel María
A mulata Coromoto
é un remuíño musical,
arpas de vento na fala,
ritmo de bongó no andar,
maracas de grau centeo
baixo da brusa a tremar.
Coromoto ven coa lúa,
co sol, Coromoto vai,
pois Coromoto está feita
de luz e de escuridá.
Nos ollos de Coromoto
escondéuse a señardá
dunha cousa que ela nunca,
ela nunca saberá.
La luna busca la sombra
y no la puede encontrar
porque la sombra se esconde
detrás de la madrugá.
Caracas, novembro, 1968
Celso Emilio Ferreiro: Terra de ningures (1969)
Versións:
María Manuela e Miguel Varela: A mulata Coromoto; Barco na alba; 1990; Cara A, Corte 3
Carlos Casas: A mulata Coromoto; Galicia Sonsfolk (2000) (VVAA); 2001; Pista 6
¡Qué diferentes as versións cantadas do poema de Celso Emilio. Gracias por xuntalas e ofrecelas.
ResponderEliminar