jueves, 3 de abril de 2014

Conto

Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.

Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.

Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.

Xosé Luis Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)

Versións:
Suso Vaamonde: Conto; Regodobargo; 1995; Pista 9



María do Ceo: Era Galicia; No bico un cantar; 2010; Pista 10

No hay comentarios :

Publicar un comentario